As prácticas externas curriculares constitúen unha actividade de natureza formativa levada a cabo polos estudantes universitarios e supervisada polas Universidades co obxectivo principal de completar e aplicar, nun ámbito profesional, competencias e coñecementos adquiridos nos seus estudos.
As prácticas externas poden realizarse en entidades colaboradoras, tales como empresas, institucións e entidades, de carácter público ou privado, no ámbito nacional ou internacional.
As prácticas externas curriculares configúranse como unha materias optativa integrada no plano de estudos do Grado en Dereito da Universidade de Vigo (6 créditos ECTS)
Normativa relativa a prácticas externas curriculares
Real Decreto 592/2014, de 11 de xullo, polo que se regulan as prácticas académicas externas do estudantado universitario.
Regulamento de Prácticas Externas da Uvigo e Instrución para o desenvolvemento das Prácticas externas curriculares
Regulamento de Prácticas externas do Grao en Dereito na Facultade de Dereito
Prácticas externas curriculares 2024/2025
Data | Proceso |
---|---|
Setembro de 2024 | Nomeamento de titores académicos: Prof. Dra. Marta Fernández Prieto (por acordo da Comisión Permanente de 24 de setembro de 2024) |
Novembro de 2024 | Publicación da oferta de prácticas (publicación en Moovi) |
Novembro de 2024 | Solicitude do estudantado (Anexo I) |
Decembro de 2024 | Adxudicación provisional de prácticas (publicación en Moovi) |
Decembro de 2024 | Adxudicación definitiva de prácticas (publicación en Moovi) e comunicación de datos a empresas e institucións |
Do 31 de xaneiro ao 20 de maio de 2025 | Formalización da práctica (Anexo II) |
20 de maio de 2025 | Data límite de remate da práctica |
* No Anexo III para o Grao en Dereito, no apartado 2 “Avaliación do desempeño do alumno”, o titor externo valorará os diferentes aspectos conforme ao esquema do artigo 13 do Real Decreto 592/2014.
Coordinación das prácticas
Marta Fernández Prieto
+34 988 368 826
mfprieto@uvigo.es