No 2024 a Facultade de Dereito recibiu o Distintivo de empregabilidade, como primero centro da Universidade de Vigo con este recoñecemento
Este Distintivo representa o recoñecemento ao esforzo colectivo realizado por todos os sectores en materia de empregabilidade desta Facultade, dende fai moito tempo. Este logro é a consecuencia do traballo conxunto da Facultade e as Administracións Públicas e empresas, e require da conxugación de actividades de xestión, de formación e de transferencia.
O obxectivo deste recoñecemento é impulsar e incentivar a promoción de accións realizadas nos centros docentes da Universidade de Vigo. Estas accións fomentan o desenvolvemento das competencias e coñecementos do alumnado para mellorar a súa empregabilidade.
Área de emprego e emprendemento
O seu obxectivo fundamental é facilitar, en colaboración coas administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.
Sesións informativas ao estudantado do centro
Presentación da Área de emprego e emprendemento: qué é a área, prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares, emprendemento e formación.
Presentación do curso “Busca activa de emprego”: como autocoñecerse, coñecer as saídas profesionais dos ámbitos xurídico e empresarial, as canles de busca de emprego e a preparación con éxito para o proceso de selección.
Área de emprego e emprendemento
Orientación laboral
Solicita unha entrevista individualizada na Área de emprego e emprendemento.
Formación para o emprego
Como non só a adecuación das candidaturas aos perfiles profesionais demandados inflúe no éxito do proceso de inserción, senón que a habilidade cara a busca de emprego tamén o facilita, na Unidade de Emprego e Emprendemento organizamos accións formativas para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento desas habilidades.
Consulta as actividades realizadas e toda a actualidade no seu apartado de novas:
Fundación da Universidade de Vigo
Consellos da Fundación da Universidade de Vigo. Aquí atoparás información e formación que pode axudarte na túa busca de emprego: curriculo, carta de presentación, proceso de selección e exemplos.