Área de emprego e emprendemento

O seu obxectivo fundamental é facilitar, en colaboración coas administracións, empresas e outras institucións, o acceso ao mercado laboral das persoas tituladas na Universidade de Vigo.

Sesións informativas ao estudantado do centro

Presentación da Área de emprego e emprendemento: qué é a área, prácticas académicas externas curriculares e extracurriculares, emprendemento e formación.
Presentación do curso “Busca activa de emprego”: como autocoñecerse, coñecer as saídas profesionais dos ámbitos xurídico e empresarial, as canles de busca de emprego e a preparación con éxito para o proceso de selección.

Área de emprego e emprendemento

 

Orientación laboral

Solicita unha entrevista individualizada na Área de emprego e emprendemento.

Solicita a entrevista

 

Formación para o emprego

Como non só a adecuación das candidaturas aos perfiles profesionais demandados inflúe no éxito do proceso de inserción, senón que a habilidade cara a busca de emprego tamén o facilita, na Unidade de Emprego e Emprendemento organizamos accións formativas para promover a aprendizaxe e o desenvolvemento desas habilidades.

Consulta as actividades realizadas e toda a actualidade no seu apartado de novas:

Novas de emprego

 

Fundación da Universidade de Vigo

Consellos da Fundación da Universidade de Vigo. Aquí atoparás información e formación que pode axudarte na túa busca de emprego: curriculo, carta de presentación, proceso de selección e exemplos.

Páxina web da fundación